1ª concentración persoal UCI-ADULTOS reclamando DIGNIDADE
- Santiago
Nota de prensa do persoal da UCI-Adultos
PARA REMATAR CO PESADELO DE TRABALLAR EN CONDICIÓNS INXUSTAS E HUMILLANTES NA UNIDADE DE COIDADOS INTENSIVOS (U.C.I.-ADULTOS) DO HOSPITAL CLÍNICO E PODER TRABALLAR EN CONDICIÓNS LABORAIS DIGNAS E XUSTAS
Esta pandemia, serviu para coñecer o verdadeiro valor, daqueles servizos e profesionais, ata agora invisibles e máis indispensables, na prestación da asistencia sanitaria, como é a Unidade de Coidados Intensivos (U.C.I) do hospital Clínico de Santiago, na que os seus profesionais traballaron nunhas condicións inxustas e humillantes.
Gostaríanos deixar constancia que, a estrutura directiva, resultou totalmente inútil, xa que só estaban preocupados de que @s traballador@s asumiran a asistencia sen as condicións básicas, en contra dos criterios da propia inspección de traballo e ameazando a quen cuestionaba as súas ordes:
- Xornadas de ata 10 horas diarias co EPI posto, provocandolle ulceras, feridas, sudación e imposibilidade de acudir ao baño ou a beber, ao ser unha unidade con enfermos COVID19.
- Obrigación de reutilizar as máscaras respiratorias.
- Mobilización destes profesionais a outras unidades: sen a formación adecuada e sen a valorar a carga de traballo pola patoloxía dos enfermos.
- Entrada e saída a unidade pola mesma porta, cando se podía montar un circuíto de entrada e saída ao contar con dúas portas.
- O persoal síntese obrigado a entrar a traballar 30 minutos antes para vestir os EPIs, recibir información sobre os doentes que van atender, e outros tantos minutos para saír debido a falta de duchas,...tempo que a xerencia non contempla como tempo traballado.
- Falta de seguimento de test serolóxicos e a non comunicación por parte do servizo de preventiva dos resultados, xa que o fai o mando intermedio.
- Non tomaron medidas para formar ao persoal da listaxe de contratación no manexo do doente COVID19 nin na colocación de EPIs.
- Non tomaron medidas de organización colectiva, en aras de garantir o dereito á protección do persoal ante o virus e tamén poder escapar dos “efectos psicosociais” e asi o recolle o informe de inspección de traballo (N/REF: 15/0003584/20) : “ non consta que estableceran plans de continuidade para garantir o mantemento da actividade ante o aumento das baixas laborais do persoal ou nun escenario de incremento do risco de transmisión no lugar de traballo, coa participación da representación dos traballadores, a pesar de que se trata dunha das medidas de prevención de carácter organizativo que se establece no protocolo do servizo de prevención, polo que advertiu a Xerencia que se deben establecer plans de continuidade para garantir o mantemento da actividade coa participación da representación dos traballadores”.
A Xerencia da área sanitaria de Santiago, ignora ou despreza aos seus profesionais, ao non respectar os seus dereitos, profesionais que se xogan todos os días a súa propia saúde, a dos seus familiares e a dos enfermos non infectados.
E saimos desta máis non foi polos de arriba , senón polo traballo, suor e vocación dos profesionais que estiveron a pé de cama do doente.
Polo tanto, esiximos se tomen as medidas oportunas para corrixir todas as deficiencias da Unidade de Coidados Intensivos (U.C.I- ADULTOS) do hospital Clínico da área sanitaria de Santiago, medidas que repercutirían na calidade da asistencia sanitaria d@s doentes.
Santiago de Compostela a 5 de Xuño do 2020
Juan Alberto Rodriguez Lamas
Rosa González Barro