A CIG continua apoiando as concentracións pola contratación fraudulenta desta Xerencia.

  • A Coruña

A Xerencia desta área sanitaria continua desoíndo ás/os profesionais que están saíndo todas as semanas a protestar pola renovación directa dos acumulos de tarefas, que se contrataron ao inicio da pandemia covid-19, esixindo que se siga o criterio desta área de renovación de acumulos con criterio de primeiro de lista.

A Xerencia participa da campaña electoral do PP co dereito á contratación das/os profesionais desta área, para o que non vai contar co beneplácito das/os traballadoras/es que continuarán saíndo á rúa ata que se aplique o acordo desta área: RENOVACIÓN DOS ACUMULOS DE TAREFAS POR CRITERIO DE PRIMEIRO DE LISTA.

 

Sección sindical de Cig-saúde Coruña

Volver