A puntuación COVID nas listas de selección temporal
Enfermeiro/a e TCAE
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Enfermeiro/a
Nas listas de selección temporal da categoría de ENFERMEIRO/A na actualización do 31/10/2022 aplícase o baremo da convocatoria de concurso-oposición do 24/04/2022.
Nesta categoría só para as listas de selección temporal, valóranse DÚAS puntuacións COVID.
PRIMEIRA
No baremo da OPE está recollida a seguinte puntuación COVID:
- Outras actividades: (10 %) (4 puntos).
K) Puntuación específica por prestación de servizos durante a situación de emerxencia sanitaria orixinada polo coronavirus SARS-CoV-2.
Valóranse os servizos prestados no período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 9 de maio de 2021 polo mesmo valor a como foron valorados no apartado de Experiencia.
É dicir, puntuarase en Outras actividades ata un máximo de 4 puntos, os servizos prestados durante a pandemia COVID polo mesmo valor que foron valorados no apartado de experiencia.
SEGUNDA
No caso das listas de selección temporal existe outra puntuación COVID que vén dada polo plan de continxencias COVID, e que valora a dispoñibilidade nas listas de selección temporal durante a pandemia.
Concesión dunha puntuación adicional específica que valore a dispoñibilidade daqueles/as aspirantes que se incorporan á prestación de servizos durante a situación de emerxencia sanitaria, cada vez que son demandados polo Servizo Galego de Saúde, nos seguintes termos:
b) Sen que en ningún caso se poida superar a puntuación total máxima do baremo fixada en 100 puntos, asignarase unha puntuación adicional a aqueles/as aspirantes admitidos/as nas listas de categorías deficitarias que non teñan solicitado unha suspensión de chamamentos, con independencia de que estean ou non vinculados, así como aos novos inscritos que, aínda non constando admitidos nas listas vixentes, en virtude do acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto que se recolle no seu anexo, fosen chamados para a formalización de nomeamentos e acepten estes.
c) A puntuación será a seguinte: por cada mes completo de dispoñibilidade no período comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 15 de outubro de 2021: 0,15 puntos/mes.
e) Non interromperán a dispoñibilidade continuada para os efectos da asignación desta puntuación os seguintes supostos:
1º. Os supostos de suspensión de chamamento previstos nas letras a), c) e e) do punto III.4.1.1 do vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal.
Os supostos a), c) e e) son os seguintes:
a.- Maternidade, paternidade e adopción legal nunha duración equivalente ao período legalmente establecido para ditas situacións.
c.- Enfermidade da persoa aspirante, debidamente acreditada por parte médico emitido por facultativo do Sistema Público de Saúde no que se determine a incapacidade daquela para o desempeño de actividade laboral e nunha duración máxima equivalente á prevista na normativa legal para a situación de incapacidade temporal.
e.- Matrimonio ou unión de feito en análoga relación de afectividade, debidamente acreditados mediante documento público.
2º. Os supostos de suspensión de reactivación automática agás o motivado por asuntos propios sen xustificación.
3º. A suspensión de chamamentos que teña como causa a realización do período de formación especializada polo sistema de residencia.
Os demais supostos de suspensión que se soliciten durante o período de vixencia dunha lista concreta non darán dereito á asignación de puntuación adicional por este punto.
En conclusión, esta segunda puntuación non está encadrada en ningún apartado, e valórase a dispoñibilidade nas listas durante a pandemia, non son servizos prestados.
OLLO!! Os períodos que se valoran na PRIMEIRA e SEGUNDA PUNTUACIÓN COVID son distintos.
Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
Nas listas de selección temporal da categoría de TCAE na actualización do 31/10/2022 aplícase o baremo da convocatoria de concurso-oposición do 03/06/2019, que é o último baremo publicado antes do 31/10/2022.
Nas seguintes listas que se xeren a partir do 31/10/2023 aplicarase o baremo da convocatoria do 04/01/2023.
Nese baremo da OPE do 2019 non existía ningunha puntuación COVID.
No caso concreto desta categoría a única puntuación COVID que se aplica é a recollida no Plan de continxencias, é dicir, a mesma puntuación que se recolle para os/as enfermeiros/as no punto anterior.
Nas listas que se xeren a partir do 31/10/2023, recollerán as mesmas puntuacións COVID que se valoran agora para enfermeiros/as.