A Xunta de persoal de A Coruña-Cee concéntrase diante do SERGAS para que non se prorroguen directamente os acumulos de tarefas

  • A Coruña

A Xunta de Persoal da área sanitaria A Coruña-Cee concentrouse diante da Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela para denunciar o incumprimento do pacto de contratacións. Ao remate presentaron un escrito, esixíndolle tanto ao conselleiro de sanidade como á directora de RRHH do SERGAS que no mes de agosto non renove directamente os "acumulos de tarefas ", tal e como estiveron facendo ata o de agora sen respectar a orde de prelación da lista de contratacións.

Volver