Acordo réxime transitorio de selección temporal de FEAs

Aprobado na Mesa sectorial de sanidade do 20 de abril

  • AgMédica
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Hoxe aprobouse na Mesa Sectorial, por unanimidade das organizacións sindicais, un réxime transitorio para a aplicación das listas de selección temporal de FEAs.

 

Primeiro. Publicación das listas definitivas e entra en vigor das listas de aspirantes.

- No mes de setembro de 2021 publicaranse as listas definitivas que estaban pendentes dende 2019.

- A continuación, iniciarase o seguinte proceso de xeración de listas coas persoas inscritas a 30 de xuño de 2021. Nestas listas aplicarase o baremo publicado na convocatoria de OPE de FEAs do 2019 e incluirase a nota dos exames da OPE que se realizará en setembro-outubro de 2021.

 

Segundo. Medidas transitorias de estabilidade.

As persoas incluídas nas listas de selección temporal que, a 31 de marzo de 2021, viñeran prestando servizos de forma continuada durante DOUS anos ou máis, terán garantida a continuidade na prestación de servizos ata a  resolución do proceso de OPE na súa categoría ou especialidade.

Terán a mesma garantía as persoas con dous anos continuados de servizos prestados, que non estando incluídas nas listas, si participaron nalgún proceso de méritos desde o 1 de xaneiro de 2019 para o acceso a prazas da mesma categoría/especialidade.

Ao persoal incluído nesta estabilización seranlle de aplicación os criterios de cese segundo o decreto 206/2005 cando se resolva o concurso de traslados aberto e permanente. No caso de que algunha destas persoas resulte cesada pola incorporación do concurso de traslados, será recolocada noutra praza (podendo ser nun centro distinto) ata o seu cesamento pola resolución da OPE.

Volver