Adxudicación de destinos de Facultativo/a especialista en atención primaria
- Oposicións
- Sanidade Pública
Unha vez rematado o prazo de elección de destinos telemática, o 02/01/2023, do concurso de méritos da categoría de Facultativo/a especialista de atención primaria, informan dende o SERGAS da publicación na páxina web do Servizo Galego de Saúde no apartado de OPE 2022- Facultativo/a especialista de atención primaria do listado informativo de adxudicación de destinos.
Podes acceder dende aquí, a toda a información deste proceso selectivo.
Informan tamén de que está previsto que a resolución de nomeamento se publique no Diario Oficial de Galicia na segunda quincena do mes de xaneiro.