CIG-Saúde Coruña denuncia a contratación fraudulenta do SERGAS.

O SERGAS volve a renovar directamente os contratos realizados ao inicio da pandemia sen ter en conta as listas de contratación actuais.

  • A Coruña

Concentración no HUAC

Esta central sindical leva dende o 29 de abril denunciando o xeito de contratar do SERGAS, con criterios unicamente electoralistas e sen respectar as/os traballadoras/es. As profesionais do SERGAS están nunhas listas de contratación por mérito, igualdade e capacidade, algo que o Sr Feijoo, non lle debe de parecer o suficientemente válido, xa que mantén o criterio de saltarse as normas para anunciar na prensa a renovación directa dos contratos que se iniciaron con esta pandemia.

O presidente “vende” na prensa que con esta fórmula mantén contratados ao mesmo persoal para covid desde que comezou a pandemia, mais a realidade é outra. Persoal con diferentes contratos cubriu tamén ocos para atender aos “pacientes covid”, xa que practicamente a totalidade do hospital sufriu os problemas da pandemia.

Ademais o persoal que foi renovado directamente en maio, foi “utilizado” para cubrir todo tipo de ausencias en calquera unidade, mesmo a días, podendo estar un día nunha “unidade covid” e outro día nunha unidade infantil; co que o único que fai o SERGAS é de novo mentir e usar as profesionais sanitarios como moeda de cambio electoral. Esta contratación é en fraude de lei como ben sabe esta Xerencia.

CIG-Saúde Coruña esixiulle o SERGAS a inmediata paralización destes contratos e a oferta posterior por lista de contratación. Ante a negativa por parte da dirección de recursos humanos de escoitar as profesionais, e de manter un criterio arbitrario para a contratación, solo pode levarnos a apoiar a estas en todas as accións reivindicativas que eles queiran adoptar.

Volver