CIG-SAÚDE Coruña denuncia que a Xerencia da área sanitaria de A Coruña-Cee está a dar información falsa acerca do brote do centro de saúde de Vimianzo.

  • A Coruña

No día de hoxe pódese ver que os medios de comunicación, seguramente alentados pola Xerencia desta área, afirmando que o brote do centro de saúde de Vimianzo se debe a un “contaxio na sala de descanso”, así como que “as persoas que non son asiduas a esta sala non manifestaron sintomatoloxía ou directamente deron negativo”. CIG-SAÚDE Coruña desminte, tras ter falado cas/os profesionais do centro, estas dúas informacións, xa que ningunha das dúas concordan co ocorrido no centro.

De novo, ante a imposibilidade de “filiar” o contaxio nun centro, se alude á falta de precaución por parte das/os profesionais, culpabilizándoos da transmisión do virus, tachándoos de irresponsables fronte a poboación do concello.

Estas declaracións son inaceptables, dando ademais á poboación unha imaxe errónea da actividade que realizan as/os profesionais do centro, afirmando que “apenas” se realiza consulta presencial, cando isto non é así e se pode demostrar nas axendas das/os profesionais, acudindo unha media diaria, na semana pasada, de 150 persoas ao centro.

Días previos ao contaxio as/os profesionais do centro xa alertaban da alta carga de traballo que tiñan, mais non só non se lles deu solución e se seguiu sobrecargando, senón que agora se transmite á poboación unha mensaxe de profesionais que non atenden e se contaxian na sala de descanso.

Ata cando a Xerencia vai seguir culpabilizando aos profesionais da falta de recursos na atención primaria, falta de EPIs axeitados, de contaxios que non saben como se produciron??

CIG-SAÚDE Coruña esixe da Xerencia unha desculpa pública, xa que as/os profesionais que están a prestar servizo no centro de saúde de Vimianzo non merecen este escarnio público!!!

Volver