CONTRATACION CARGA ASISTENCIAL SARS-COVID-2

  • O Barco

Preguntado en Servizos Centrais do SERGAS pola publicación de listas definitivas ou provisionais das distintas categorías, nos informaron que mentres dure a situación de emerxencia sanitaria, non se publicarán as actualizacións que estaban previstas para este mes de marzo.

No referente á  Resolución conxunta de data 23 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e a Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, pola que se establece o procedemento para a cobertura temporal de postos nos respectivos ámbitos, ante o incremento da carga asistencial derivada da atención do SARS-CoV-2, que se enviou onte, é importante aclarar que aquelas persoas das listas do SERGAS que sexan chamadas para a cobertura en centros sociosanitarios e acepten, pasarán a formalizar un contrato laboral nun centro sociosanitario e cobrarán o soldo correspondente a ese posto. Ditos servizos prestados computaranse no apartado de servizos prestados noutra administración pública, NON como prestados no SERGAS.

Volver