Convocatoria de concurso de méritos de diversas categorías
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publicadas hoxe en DOG as convocatorias do concurso de méritos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario:
- Médico/a de familia de atención primaria
- Médico/a coordinador/a do 061, médico/a de hospitalización a domicilio e médico/a de urxencias hospitalarias
- Médico/a de admisión e documentación clínica
- Diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área: Alergoloxía, Análises clínicas, Anatomía patolóxica, Anestesioloxía e reanimación, Anxioloxía e cirurxía vascular, Aparello dixestivo, Cardioloxía, Cirurxía cardiovascular, Cirurxía ortopédica e traumatoloxía, Cirurxía pediátrica, Cirurxía plástica, estética e reparadora, Cirurxía xeral e aparello dixestivo, Dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía, Endocrinoloxía e nutrición, Farmacia hospitalaria, Farmacoloxía clínica, Hematoloxía e hemoterapia, Inmunoloxía, Medicina do traballo, Medicina física e rehabilitación, Medicina intensiva, Medicina interna, Medicina nuclear, Medicina preventiva e saúde pública, Microbioloxía e parasitoloxía, Nefroloxía, Neurocirurxía, Neurofisioloxía clínica, Neuroloxía, Obstetricia e xinecoloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía médica, Oncoloxía radioterápica, Otorrinolaringoloxía, Pediatría e as súas áreas específicas, Pneumoloxía, Psicoloxía clínica, Psiquiatría, Radiodiagnóstico, Radiofísica hospitalaria, Reumatoloxía, Uroloxía, e Xeriatría
- Albanel, calefactor/a, carpinteiro/a,condutor, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a, perruqueiro/a e pintor/a
- Técnico/a de saúde de atención primaria
- Diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista: enfermería obstétrico-xinecolóxica (matrón/a), enfermería de saúde mental, e enfermería do traballo
- Diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional: técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, técnico/a en farmacia, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico,técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico/a superior en radioterapia
- Traballador/a social
- Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
- Enfermeiro/a, fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional
- Cociñeiro/a e pinche
- Farmacéutico/a de atención primaria
- Celador/a, lavandeiro/a, limpador/a, pasador/a de ferro e peón
- Persoal técnico superior e técnico/a de grao medio
- Persoal de investigación
- Diversas categorías de persoal de xestión e servizos: grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo administrativo da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, persoal técnico superior en prevención de riscos laborais e persoal técnico de grao medio en prevención de riscos laborais
Prazo de presentación de solicitudes dende o día 16 de xaneiro de 2023 ata o 16 de febreiro de 2023, ambos días incluídos.
Os méritos valoraránse con referencia ao día inmediatamente anterior (incluído) ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (4 de xaneiro de 2023).