Convocatoria do acto de elección de destino da OPE de especialista en enfermaría pediátrica
Será o 27 de maio de 2021, ás 16,30 horas
- Especialidades de enfermería
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría
pediátrica.
O acto de elección de destino terá lugar o día 27 de maio de 2021, ás 16.30 horas, no salón de actos da Consellería de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.
Procedemento:
a) Os/as aspirantes deberán acudir co DNI ou doutro documento que acredite a súa identidade.
b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.
c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.
d) O/a aspirante seleccionado/a que non compareza e/ou non opte por un destino, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións.
e) Será obrigatorio o uso de máscara cirúrxica ou FFP2 sen válvula.
Aspirantes que optan a elixir destino na OPE e que son adxudicatarias no concurso específico da mesma categoría:
– Opción A:
Optar por un dos destinos que se ofertan no concurso-oposición para o acceso á categoría. De exercer esta opción, a persoa aspirante decaerá en todos os dereitos derivados da súa participación no concurso específico convocado mediante a Resolución do 4 de xuño de 2020 e resultará adxudicataria do destino seleccionado no concurso-oposición.
– Opción B:
Renunciar á elección de destino no concurso-oposición para o acceso á categoría. De exercer esta opción, a persoa aspirante decaerá en todos os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019 e resultará adxudicataria do destino obtido no concurso específico.
Producirase este mesmo efecto no suposto de non comparecer a persoa aspirante ao acto de elección de destino.
Se resultasen prazas sen adxudicar, procederase ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.
A convocatoria dos/das novos/as aspirantes efectuarase o día seguinte ao da realización do acto de elección de destino, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde, onde se indicarán:
- os destinos pendentes de adxudicación,
- relación de novo/s aspirante/s convocado/s,
- a data, a hora e o lugar para a realización da selección de destino/s pendente/s.