Denegación de permisos e vacacións
- A Coruña
Como seguro sabedes, na xerencia de A Coruña estanse a producir denegacións masivas no só de días de libre disposición e vacacións, senón tamén de permisos, de reducións de xornada para o coidado de menores ou familiares dependentes e excedencias.
En moitos casos estas denegacións da xerencia (a través da súa cadea de mando) son previas incluso á propia petición, “non o podes pedir”. Noutros moitos a denegación é verbal, chegándose a denegar deste xeito permisos por enfermidade de familiar.
Con independencia da lexitimidade, ou non, que no contexto sanitario actual poida ter a xerencia para chegar ao extremo de denegar permisos de conciliación familiar, ten a obriga de facelo por escrito. Porque todo aquilo que non se denega por escrito, oficialmente non existe, e polo tanto incluso poden afirmar que ao persoal se nos concede a totalidade dos permisos solicitados.
Por iso, pedímosvos que fagades a petición expresa e por escrito dos permisos e esixades sempre a denegación por escrito. Porque o persoal do SERGAS poderemos ver minguados os nosos dereitos ao desfrute de permisos e vacacións, pero canto menos isto terá que ser público e, dende á Xerencia á presidencia da Xunta, terán que recoñecer e explicar a verdadeira situación con respecto aos dereitos laborais dos seus e das súas profesionais.
María Seco González, Delegada de CIG-Saúde.
Isabel Golpe Montero, Delegada de CIG-Saúde.