Facultativo/a especialista de atención primaria: relación de aspirantes definitiva e convocatoria segundo acto elección
Hoxe publicado en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Hoxe, publícase resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se fai pública a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, á condición de persoal estatutario fixo da categoría de Facultativo/a Especialista de Atención Primaria, e se convoca para o acto de elección de destino.
Abrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación (do 20 de decembro ata o 2 de xaneiro) , para que os/as aspirantes seleccionados e de reserva que constan nos anexos I e II desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.
Os/as aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polos que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.
Enlace DOG