Lista de admitidos/as e excluídos/as mais lista de exentos/as do exercicio da lingua galega para a OPE de enfermeiro/a

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles (do 16 ao 29 de marzo de 2023) , para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante escrito dirixido á mesma Unidade de Validación a que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ver listas AQUI.

Volver