Listas de admitidos/as e excluídos/as do concurso de méritos de varias categorías

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles (do 24 de abril ao 8 de maio de 2023), contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á cal se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Volver