MÁSCARAS "PRESURGY:KN95/FFP2 SHUYIAN
- Burela
Segundo a información da que dispoñemos existe unha alerta sanitaria, para proceder á retirada inmediata de todas as mascaras "PRESURGY:KN95/FFP2 SHUYIAN", mascaras que non cumpren os requisitos FFP2 e que foron distribuídas en diversos centros da rede SERGAS, polo que o persoal estivo sometido a un posíbel contaxio, cunha falsa protección.
Ante esta situación, desde CIG-SAÚDE exiximos:
- Que se proceda á inmediata retirada deste material.
- Que se identifique a todo o persoal que estivo en exposición de risco, cunha falsa protección, e se proceda de inmediato á realización do test que corresponda.
Agardamos que se tomen estas medidas coa maior dilixencia posíbel.