O conflito de Medicina interna no SERGAS non está encamiñado

CIG-Saúde solicita unha reunión urxente da Mesa Sectorial para tratar a situación da Medicina Interna no conxunto do SERGAS

  • AgMédica
  • Sanidade Pública

A realidade dos feitos desminte as declaracións do Conselleiro de Sanidade de que o conflito de Medicina Interna xa está encamiñado.

CIG-Saúde entende que é preciso, e urxente, abrir un debate na Mesa Sectorial que permita analizar as causas da situación actual de fuxida de profesionais da Medicina Interna, que se manifesta na sobrecarga asistencial na maioría dos hospitais e a dificultade especial de cobertura nalgúns hospitais comarcais.

E esta situación non se vai solucionar con declaracións na prensa. É preciso avaliar a situación actual e por en marcha uns Plans Funcionais dos diferentes servizos que permitan dar unha resposta organizativa e de recursos humanos acorde coas necesidades crecentes nas consultas de medicina Interna, con pacientes cada día máis complexos e con patoloxías agudas e crónicas que hoxe os avances científicos permiten estudar, diagnosticar e tratar.

Estes Plans Funcionais deben incorporar as medidas de incentivación necesarias para garantir a cobertura de profesionais en todos os hospitais públicos, para así, a súa vez, garantir o dereito a unha asistencia sanitaria universal en condicións de equidade.

Volver