O SERGAS impide durante o “período estival” (1 de xullo ao 30 setembro 2022) que os/as médicos/as de familia poidan ser contratados fora de atención primaria

  • AgMédica
  • Atención primaria
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

CIG-Saúde denuncia que con isto, de novo, a mala xestión tanto das Xerencias como do propio SERGAS trasládase aos profesionais impedíndolles o desenvolvemento profesional.

A través dunha instrución, e de xeito unilateral, impide que os/as médicas de familia fixos ou que ostentan un contrato temporal, se lle oferten outros contratos (incluído interinidades) das categorías nas que están inscritos e que o pacto determina como compatibles (médico/a urxencias hospitalarias, médico/a asistencial do 061, médico coordinador/a do 061, médico/a hospitalización a domicilio e médico/a de admisión e documentación clínica).

“No período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2022, suspenderanse os chamamentos dos/das profesionais que estean a prestar servizos con vínculo estatutario fixo ou temporal na categoría de médico/a de familia, para a formalización de nomeamentos temporais de categoría profesional distinta, que lle correspondesen en aplicación das normas xerais do Pacto”.

Ademais, CIG-Saúde amosa a súa preocupación e desconformidade a que durante este período se poidan ofertar contratos de longa duración “saltándose” a orde de prelación das listas de contratación e privando a profesionais da posibilidade de mellora do seu contrato.

XA ESTAMOS CANSAS DE MEDIDAS RESTRICTIVAS que, lonxe de dar solución ao problema de déficit de profesionais, valen para que cada día mais destes aposten por fuxir de contratos do SERGAS!!

Volver