O SERGAS négase a modificar a data do exame de oposición de ENFERMEIRO/A
- Oposicións
- Sanidade Pública
O SERGAS négase a modificar a data do exame de oposición de ENFERMEIRO/A
CIG-Saúde rexeita que o exame sexa en xuño, entre outros motivos, por coincidir co período vacacional.
Falamos dunha categoría deficitaria onde isto pode levar á denegación de vacacións.
En reunións previas o SERGAS informara de que este exame ía ser despois do período vacacional, creando as/os aspirantes falsas expectativas.
O espazo de tempo entre a resolución do concurso de méritos e a data de exame, vai ser de semanas, polo que non vai impedir que todas as persoas inscritas no concurso de méritos teña que preparar o exame.
Con isto parece que se antepoñen intereses propagandísticos por enriba dos asistenciais!!