OPE varias categorías: listado provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Publícanse os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías:

Persoal facultativo:

Facultativo/a especialista de área nas especialidades de:

Persoal sanitario non facultativo:

Persoal de xestión e servizos:

Nas categorías de celador/a, persoal de servizos xerais e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría inclúense, ademais, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega na quenda de discapacidade intelectual.

As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles (do 3 ao 14 de xullo de 2023) , contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Volver