ORGANIZACION QUENDAS DE TRABALLO FACULTATIVOS

  • O Barco

Bo día: como consecuencia da situación que se está a vivir nos centros hospitalarios , e motivada pola suspensión ou reorganización da actividade, xs xefes de servizo están a organizar quendas de rotación do persoal facultativo, criterio correcto para evitar que acudan ao centro innecesariamente, e así garantir a súa protección.

O que me transmite o persoal é, que estas quendas de rotación para cubrir as necesidades asistencias, e evitar que todo o persoal  acuda innecesariamente  ao centro todos os días, non é de aplicación ao resto de profesionais.

Polo que, desde CIG-SAÚDE solicitamos que en aras a garantir o dereito á  protección dxs trabalaldorxs, se diten instrucións en todos os centros, de rotación do persoal,  e que sexan de afectación a todo o persoal.  

Agardamos sexa tida en conta esta solicitude

Volver