Previsión publicación concurso de méritos
- Oposicións
- Sanidade Pública
17 de Abril/2023:
-RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á resolución do proceso selectivo, ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás novos/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria (FEAP), convocado pola Resolución do 18 de abril de 2022.
21 de Abril/2023:
-RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).
-RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.