Publicación aspirantes definitivamente seleccionados na OPE de pinche e técnico/a en farmacia da quenda de discapacidade intelectual

Ábrese o prazo de elección de destino

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e se inicia o prazo para a elección de destino.

Ábrese un prazo de dez (10) días hábiles, do 17 ao 31 de xullo de 2023 para que seleccionen os destinos ofertados por orde de prelación, no modelo de formulario que consta en formato editable á disposición dos/das aspirantes na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Procedemento:

a) O/a aspirante cubrirá os seus datos persoais e seleccionará os destinos ofertados por orde de prelación, de maior a menor preferencia.

b) Para os efectos da súa indicación no formulario, o/a aspirante deberá identificar os destinos polo concello onde están situados.

c) Logo de efectuada a selección de prazas, deberá asinar o formulario e presentalo nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.

d) O formulario irá dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en farmacia en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e se inicia o prazo para a elección de destino.

Volver