Publicación da convocatoria de OPE por concurso de méritos de enfermeiro/a especialista en saúde mental

Prazo de inscrición, do 13 ao 31 de xullo de 2023

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental.

Prazas convocadas: Total de 94 prazas

  • 65 prazas quenda de acceso libre
  • 5 prazas quenda discapacidade xeral
  • 24 prazas quenda promoción interna

Prazo de inscrición: do 13 ao 31 de xullo de 2023.

As inscricións deberanse cubrir a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/Sección de Procesos/CONCURSO DE MÉRITOS).

  • Será necesario certificado dixital ou Chave 365.
  • As solicitudes irán dirixidas a unha unidade de validación.
  • Poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Volver