Publicación listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as do concurso de méritos de pediatra AP

Convocatoria da lei 2/2022 de postos de difícil cobertura

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, poderán examinarse na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Prazo de reclamacións: dez días hábiles, do 17 ao 31 de xullo de 2023.

Volver