Raios HUAC. Faltan mans!
- A Coruña
A Comisión de centro do CHUAC convoca nova concentración para este venres 18 de novembro ás 11:30 na rotonda do HUAC.
O motivo da concentración é o déficit de celadores/as e técnicos/as de imaxe para o diagnóstico no servizo de raios de urxencias.
A semana pasada esta Comisión forzou unha reunión urxente coa Xerencia comprometendose esta a presentar unha proposta de acordo nesta semana. O xoves fomos convocadas/os a unha reunión na que a Xerencia non presenta ningún plan, sólo un compromiso de que nos próximos días presentarán dito plan. Din estar analizando a situación, ao que esta Comisión amosou a nosa disconformidade xa que despois de anos denunciando a situación do servizo é increíble que aínda esten en fase de análise de datos e continúen sen aportar solucións.
Os/ as traballadoras/es non poden seguir traballando nestas condicións ao que se engade unha presión psicolóxica alta ao ter a pacientes horas na sala de espera, pacientes que precisan de coidados e que non hai nin espazo nin recursos para atendelos.
Esta situación é denigrante para o/a paciente pero tamén para os/ as profesionais do servizo, e por iso que decidiron as mobilizacións, para que se teñan en conta as suas reivindicacións.
Denuncian falta de persoal pero tamén denuncian uns equipos de traballo completamente obsoletos, que continuamente están avariados e que provocan enormes retrasos nas probas.
É urxente un aumento de persoal! A Xerencia non pode continuar mirando para outro lado!!