Solicitude de máscaras FFP2 para todo o persoal
Escrito presentado na xerencia de Santiago e Barbanza o 13 de outubro.
- Santiago
Unha vez máis comprobamos como a nova versión (v.9) do Plan específico para a prevención de riscos ante a exposición laboral ao SARS-CoV-2, con data do 5 de Outubro do 2020, segue a indicarse a utilización de FFP2 só nos casos de PXA a pacientes COVID19, incluso indicando que "se valorará" a súa utilización nestos procedementos con pacientes non diagnosticados como COVID.
A máscarilla cirúrxica non é un EPI, e non pode ser utilizada como tal. Tampouco parece razoable dar por feito que as que traen os/as doentes dende os seus domicilios cumplen coas normas de utilización recomendadas, nin tampouco as que se subministran, de este material, no ámbito hospitalario como está a acontecer en urxencias de pediatría, por exemplo, xa que non constan con ningunha homologación nin acreditación.
Na situación actual, con un número elevado de asintomáticos, entendemos que por principio preventivo todo paciente debería ser considerado como posible COVID e polo tanto a protección respiratoria de calquera traballador/a deberá ser como mínimo unha FFP2 sempre que a distancia co paciente sexa menos de dous metros, independentemente que este sexa caso sospeitoso ou non.
A día de hoxe podemos dicir que os casos non sospeitosos, que acoden a áreas etiquetadas "non COVID", acaban sendo positivos en SARS-CoV", como ocurre frecuentemente no servizo de Urxencias, por exemplo, e polo tanto, de seguir facilitando ao persoal de atención directa ao doente unha máscara cirúrxica, e non unha FFP2, estaríase poñendo en risco a saúde do propio persoal e tamén dos doentes.
A data de hoxe, 13 de outubro de 2020, e tras decretarse o nivel 3 de alerta, máximo dispoñible, tanto no concello de Santiago como nalgún limítrofe, e tal e como se fixo nalgunha outra área sanitaria, como por exemplo, Ourense,
SOLICITAMOS
A DOTACIÓN DE MÁSCARAS FFP2, aplicando os principios preventivos recollidos na LEI 31/1995 DE PRL, e se minimicen os riscos laborais e se lles faciliten a todos os profesionais, con contacto directo co paciente, as máscaras de protección respiratoria FFP2, (en combinación co resto de medidas preventivas).
Santiago de Compostela, a 13 de outubro do 2020.
Xabier Alvedro Álvarez Antonio Ramos Benito