UNIDADE DE SOPORTE EMOCIONAL Á/AO PROFESIONAL SANTIARIO
- O Barco
De: Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
Enviado: domingo, 22 de marzo de 2020 19:03
Asunto: SOPORTE EMOCIONAL Á/AO PROFESIONAL SANITARIO
XEFAS/ES DE SERVIZO E SUPERVISORAS/ES DE ENFERMARÍA DE ATENCIÓN HOSPITALARIA
XEFAS/ES DE SERVIZO E COORDINADORAS/ES DE SERVIZO DE ATENCIÓN PRIMARIA
Prezados/as compañeiros/as:
Ante a necesidade de seguir coidándonos entre todos/as e non só no aspecto bío, senón tamén no psicosocial e emocional, o Servizo de Psiquiatría e todo o equipo de profesionais que o compón ven de poñer en marcha a UNIDADE DE SOPORTE EMOCIONAL Á/AO PROFESIONAL SANTIARIO da nosa Área Sanitaria, que funcionará telefonicamente a partir de mañá luns, ás 9 horas, no teléfono 285751, en horario de 9-15, de luns a venres, extensible en función de necesidades e demanda.
Así mesmo, veñen de elaborar a seguinte documentación de apoio, no que se establecen pautas para a mellor autoxestión emocional e afrontar situacións de estrés, e tamén se informa dos aspectos relevantes á hora de trasladar a información a pacientes e familiares, e que vos remitimos para o voso coñecemento e autoaplicación e o de todos os membros dos vosos equipos.
Grazas compañeir@s de psiquiatría.
Coidándonos nós, coidaremos mellor.
Unha aperta moi forte.
Félix Rubial Bernárdez
Xerente
Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
Servizo Galego de Saúde
Tfno. 988 385 510 Fax. 881 547 058