Concentración venres 26 de abril ás 12h diante do SERGAS: A seguridade e saúde no traballo é un dereito

  • Saúde laboral

O vindeiro 28 de abril é o día "Seguridade e Saúde no Traballo", co gallo disto CIG-Saúde convoca unha concentración o venres 26 de abril diante do SERGAS onde se pon o acento nas seguintes liñas que están pendentes en materia de prevención de riscos de desenvolver, solucionar...etc no SERGAS.

1º PARALIZACIÓN DO CCSS:

  • Última reunión en Decembro do 2023.
  • Dende o 19 Febreiro non hai ningunha persoa ao mando. Nesa data a que era ata aquela a Xefa do Servizo Central de PRL, deixa o cargo é non se fai ningún movemento , nin ao respecto de ter novo/a Xefatura , nin de tratamento dos temas que estaban enriba da mesa.

Consecuencias:

  • Ningunha convocatoria do CCSS, cando xa tocaba no primeiro trimestre.
  • Ningunha Convocatoria da Comisión de Igualdade, 1º trimestre.
  • Ningunha Convocatoria do Observatorio de Violencia: 1º trimestre.

Paralización:

  • Distintos procesos encamiñados de anteriores reunións, como a dotacíón de uniformidade completa para a atención domiciliaria ou nas emerxencias para o persoal de at. Primaria ordinaria.
  • Parálise dos procesos de protocolo de acoso ( PRL-19) , no que se presentaran alegacións e quedaron pendentes de contestar, inclusión da normativa LGTBI.
  • Tipoloxía de acoso centrada nun só protocolo ( PRL-19). A administración, quere descentralizar do acoso laboral o acoso sexual ou de xénero, cando están na maior parte das veces interrelacionados

Plan Igualdade: Remata a súa Vixencia neste ano:

  • Non hai informe de seguimento de implantación de medidas e avaliación dos obxectivos. A día de hoxe faltan instrucción de desfrute do permiso de maternidade ( MAE 6 semanas Sergas sin regulación) con diversas incidencias nas cotizacións “ presumiblemente en fraude de lei “.

2º OBSERVATORIO VIOLENCIA LABORAL

  • Accidentes Laborais: Non hai ningún protocolo establecido para a vixiancia da Saúde, nin siquera en áreas especialmente sensibles ou traballos en instalacións perigosas, como poden ser cabinas de citostáticos ou laboratorios, especialmente os de Anatomía Patolóxica, nin siquera cando se teñen demostrado incidencias diversas nesas instalacións, como na área Sanitaria de A Coruña ou en Compostela.
  • Infranotificación e Infracalificación nos Xesd@s que son remitidos nos casos de violencia laboral.
  • As/os traballadoras/es en moitas ocasións teñen que insistir en que se lles faga unha notificación e temos visto infraavaliacións nas notificacións, auténticamente escandalosas.
  • Falta de reavaliación das unidades accidentadas ou reincidentes nos accidentes, especialmente lamentables os episodios de violencia laboral.
  • A nivel estrutural, falta de mantemento preventivo e correctivo:camas que non andan ben ou non frean, mobiliario obsoleto …

3º ACCIDENTES LABORAIS

  • Falta de medidas preventivas e ausencia de vixiancia de saúde en persoal con movementos repetitivos.
  • Falta adaptacións nos postos de traballo.
  • Deseño obsoletos nas áreas administrativas e pouco funcionais,incluso nos de novo deseño.
  • Falta de plans de Autoprotección e mesmo das medidas de Emerxencia nos centros de saúde de A.Primaria.
  • Faltan áreas sanitarias cunha Lencería e Lavandería estrutural, ocasionando en moitas ocasións que o persoal leve a roupa para a súa casa a lavar. Falta de servizo público ben xestionado.

Volver