CIG-Saúde convoca concentración o día 10 ás 11horas diante da Delegación do Goberno
Por un estatuto marco de futuro
- Sanidade Pública
A CIG-Saúde convoca unha concentración o día 10 de xullo á 11horas diante da Delegación do Goberno para denunciar a falta de compromiso do Ministerio de Sanidade coa sanidade pública.
Na nova proposta para o Estatuto Marco o Ministerio mantén:
- Nova clasificación profesional sen suba salarial.
- Mantéñense categorías mal clasificadas e mal pagadas.
- Non se recoñece a xubilación anticipada e parcial.
“Non pode ser que se faga unha reforma sen mellora real nas condicións laborais e salariais do persoal que sostén a sanidade cada día.”
EXIXIMOS:
- Clasificación profesional xusta, con retribucións dignas.
- Recoñecemento do dereito á xubilación anticipada e parcial.
Non imos apoiar unha reforma que lexitime a precariedade!
O persoal da sanidade merece respecto e xustiza!