CIG-Saúde convoca folga en atención primaria para todas as categorías
- Atención primaria
- Sanidade Pública
CIG-Saúde esixe medidas urxentes para a situacion actual da Atención Primaria:
1. Dotar á Atención Primaria de estruturas de xestión con capacidade de xestionar orzamento e recursos humanos propios.
2. Por en marcha xa o cambio de modelo retributivo para toda a Atención Primaria, incorporando o pago por TIS, modulado por tramos de idade e complexidade, sen perda retributiva en ningún caso.
3. Incorporar o pago da Intersubstitución para todas as categorías nas que non sexa posible a contratación de persoal das listas de contratacións, tanto a realizada no propio centro como en outros centros.
4. Establecer axendas de traballo diario na medicina de familia dun máximo de 30 pacientes e establecer un plan de xestión urxente da sobrecarga das axendas de traballo.
5. Establecer un número máximo de consultas nas axendas de traballo diario das enfermeiras/os, en función da carteira de servizos, das características da poboación atendida e das actividades a realizar.
6. Establecer un número máximo de consultas nas axendas de traballo diario dos profesionais da odontoloxía, en función da carteira de servizos, das características da poboación atendida e das actividades a realizar.
7. Establecer axendas de traballo diario na pediatría dun máximo de 20 pacientes, e establecer un plan de xestión urxente da sobrecarga das axendas de traballo.
8. Garantir que os equipos de traballo de médicas/os de familia e pediatría e as enfermeiras/os que comparten cupos, teñen o mesmo tramo horario.
9. Establecer ratios suficientes de matronas, en función da poboación de mulleres sen límite de idade, en aplicación da súa carteira de servizos, garantindo axendas de calidade con espazo para actividades grupais.
10. Establecer ratios suficientes de fisioterapeutas de Atención Primaria, en aplicación da súa carteira de servizos, garantindo axendas de calidade con espazo para actividades grupais.
11. Establecer ratios suficientes de TCAEs para dar resposta á demanda de AP en aplicación da súa carteira de servizos. Inclusión de prazas de TCAEs en todos os centros de saúde.
12. Definir os criterios para as ratios de profesionais das áreas administrativas e incrementar as prazas necesarias en función das cargas de traballo e da demanda dos centros de saúde.
13. Establecer un cronograma para desenvolver as carteiras de servizo de todas as categorías profesionais que están na Atención Primaria, facendo unha análise dos cupos actuais e das cargas de traballo, incorporando o persoal necesario.
14. Planificar medidas urxentes e avaliables para eliminar (non cambiar de sitio) a burocracia innecesaria.
15. Garantir que os plans funcionais dos PACs contemplen o incremento do persoal necesario, de todas as categorías profesionais presentes nos PACs, para que non se superen as 30 atencións urxentes por profesional e quenda.
16. Solucionar os problemas do cómputo de xornada do persoal dos PACs.
17. Garantir presenza de equipos completos en todos os PACs.
18. Incorporar o pago da quenda rotatoria complexa (49,48€) ao persoal de xestión e servizos dos PACs