É preciso contratar PSX pero para as áreas administrativas!

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde denuncia as condicións de traballo dos/as PSX contratados/as para “promocionar” a APP Sergas Móbil para acceder a E-Saúde, citas...

Contratación improvisada: sen medios axeitados, sen planificación…; iso só deriva nunhas condicións de traballo caóticas.

Material de traballo inoperante: dotados/as dun teléfono móbil para explicar como funciona a aplicación, pero para facelo, teñen que introducir os seus datos persoais. Nin sequera poden activar a “chave 365” polo que logo de explicarlles a aplicación, en moitos casos teñen que derivalos ás áreas administrativas, xerando máis traballo.

Sen espazo de traballo propio: teñen prohibido estar nas áreas administrativas. Póñense de lado duns carteis que promocionan esta aplicación e en moitos casos nin sequera se lles dá unha cadeira, tendo que estar toda a quenda de traballo de pé.

Cal é o obxectivo desta contratación? Descoñecémolo.

CIG-Saúde consideramos esta contratación unha burla aos/as PSX dos distintos centros onde padecen unha saturación permanente das áreas administrativas.

Pero que necesitan os/as pacientes?

Precisan atención individualizada, áxil e respectando a súa confidencialidade. E non unha explicación nun corredor de paso sobre o uso dunha aplicación para o seu móbil mentres agarda por unha consulta.

Non é necesario “inventar” novas funcións, xa que coas actuais non dan feito!!

Volver