1º Convenio da Fundación Pública de Medicina Xenómica
Un ano de negociación: avances, temas pendentes e posición da CIG-Saúde
- Sanidade Pública
A mesa negociadora constituíuse en xullo de 2025 e as negociacións comezaron en setembro de 2025.
Tras a reunión do 28 de xullo de 2026 xa están convocadas novas reunións para os meses de setembro e outubro, nas que deberán pecharse os principais asuntos pendentes.
Que se leva avanzado?
- Xa quedaron pechados: dereitos e deberes, seguridade e saúde laboral,
réxime disciplinario, representación sindical, confidencialidade, propiedade industrial e intelectual, formación, dereitos das vítimas de violencia de xénero, igualdade, uso do idioma e na última reunión o capítulo de réxime de persoal. - Atópanse practicamente pechados: disposicións xerais, horarios e
vacacións, permisos, excedencias e conciliación. - Continúan pendentes: clasificación profesional sistema retributivo e
disposicións transitorias e derradeiras.
Xornada
Na reunión do 28 de xullo pechouse o acordo sobre o modelo horario e xornada.
Na negociación do convenio acadouse un acordo de especial importancia: queda recoñecido por escrito o dereito do persoal da FPGMX a ter a mesma xornada anual que o persoal estatutario do SERGAS, consolidando un dereito.
Ademais, tamén queda formalmente recoñecido o dereito á flexibilidade horaria, cunha marxe de unha hora na entrada e outra na saída, favorecendo a conciliación da vida laboral e persoal. O acordo completa a regulación das quendas ordinarias de traballo, tanto fixas como rotatorias, dotando de maior seguridade xurídica á organización da xornada.
Apróbase a regulación da “disponibilidade horaria”.
Queda pendente o artigo de horas extraordinarias, diferenciando claramente estas da flexibilidade horaria.
Persoal financiado con programas (personal de investigación)
Outro dos principais puntos de desacordo é a aplicación do convenio ao persoal contratado con cargo a programas e convocatorias de financiamento externo.
A Administración continúa pretendendo limitar dereitos como o acceso ás
excedencias do persoal contratado con financiamento externo. A CIG-Saúde rexeita esta posición.
A Administración propón limitar a aplicación do convenio a este persoal,
chegando a cuestionar dereitos en materias como as excedencias, a modalidade ou tipo de vínculo contractual, as condicións retributivas e outros aspectos das condicións laborais. A CIG-Saúde rexeita frontalmente esta posición. O convenio colectivo debe ser de aplicación íntegra para todo o persoal, con independencia da orixe do financiamento do seu contrato. Só poderán existir excepcións naqueles supostos nos que a propia convocatoria de financiamento ou unha norma de rango superior establezan expresamente unha limitación.
Persoal afectado polo Decreto 10/2024 (persoal de investigación)
A Administración pretende establecer un tratamento específico para o persoal afectado polo Decreto 10/2024 do persoal investigador da Xunta de Galicia.
A CIG-Saúde rexeita que este persoal quede excluído do convenio con carácter xeral.
A administración facilitou no seo da mesa xeral de Función Pública un listado de postos afectados co que a CIg-Saúde está totalmente en desacordo.
CIG-Saúde foi o único sindicato que non asinou este decreto.
O seguinte paso: a negociación económica
Unha vez practicamente pechada a estrutura do convenio, resta negociar unha das partes máis importante: salarios, complementos, trienios e carreira profesional.
Correspóndelle agora á Administración presentar unha proposta salarial. A CIG-Saúde defenderá a equiparación das táboas salariais coas do persoal
estatutario do SERGAS.
A CIG-Saúde defenderá a equiparación salarial co persoal estatutario do SERGAS. Os procesos de integración das persoas investigadoras como persoal estatutario e do persoal afectado polo Decreto 10/2024 fan inaceptable unha dobre escala salarial na que a maior parte do persoal das fundacións consolide unhas condicóns retributivas peores.
A CIG-Saúde seguirá defendendo
• Un convenio para todo o persoal, sen exclusións.
• A equiparación salarial co SERGAS.
Seguiremos informando de cada avance na negociación.