Actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
Orde de prelación e a puntuación definitiva
- Selección Temporal
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de:
- grupo auxiliar da función administrativa,
- persoal de servizos xerais,
- cociñeiro/a e
- pinche.
Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas están publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. De modo excepcional para estas categorías, dada a proximidade da data de publicación destas listas definitivas coa data final de dispoñibilidade da inscrición en estado editable no programa Fides/expedient-e, as persoas aspirantes que desexen realizar algunha modificación na súa inscrición de cara ao próximo proceso de actualización de listas, que terá lugar ao longo do ano 2027, poderán realizala ata o 30 de novembro de 2026.
Novas Relacionadas