Actualización das listas de selección temporal de varias categorías

Baremación provisional

  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 29 de abril de 2026 nas categorías de:

- dietista-nutricionista,

- facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica,

- farmacéutico/a de atención primaria,

- fisioterapeuta,

- logopedista,

- médico/a especialista en medicina do traballo,

- odontólogo/a de atención primaria,

- terapeuta ocupacional e

- traballador/a social.

 

Contra a resolución provisional de admitidos/as, e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles (do 24/09-2026 ao 07/10/2026),contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formularen a súa reclamación.

A aceptación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas obtidas polas persoas aspirantes.

 

Volver