Aprobación e publicación da oferta de destinos do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas para as categorías de persoal sanitario e de xestión e servizos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2026.

Concurso de traslados aberto e permanente 2026

  • Concurso de traslados

Servizo Galego de Saúde

Os/as profesionais que consten na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince (15) días naturais, ( do 25 de agosto ó 8 de setembro) contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen modificar, a través de Fides/Expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.

As modificacións que se realicen na selección de destinos deberanse presentar por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación. Terase en conta a última modificación presentada por rexistro electrónico dentro do prazo indicado.

De igual forma, as persoas aspirantes que, resultando admitidas con carácter provisional neste proceso, non seleccionaran na instancia de participación ningún destino disporán do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, para efectuaren a través de Fides/Expedient-e, mediante o oportuno rexistro electrónico, a selección de destinos que consideren.

 

 

Volver

An Error Occurred: Internal Server Error

Oops! An Error Occurred

The server returned a "500 Internal Server Error".

Something is broken. Please let us know what you were doing when this error occurred. We will fix it as soon as possible. Sorry for any inconvenience caused.