Aspirantes definitivamente seleccionados no concurso-oposición de varias categorías. Inicio de prazo para elección de destino

Inicio de prazo para elección de destino, en varias categorías de concurso-oposición

  • Oposicións

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 4 de febreiro de 2026 (Diario Oficial de Galicia núm. 31, do 16 de febreiro), habilitouse o prazo de dez (10) días hábiles para que as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo para o acceso ás categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética, técnico/a superior en documentación sanitaria e de técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, convocado pola Resolución do 19 de abril de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 85, do 30 de abril), presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

Volver