Basta xa de "roubar" xornada nos PACs
Queremos solucións!
- Atención primaria
- Sanidade Pública
O xoves 19 de febreiro está convocada no SERGAS unha mesa de traballo para abordar o problema dos cómputos de xornada nos PACs. A día de hoxe, cando o persoal médico e de enfermaría solicita un permiso ou está en situación de incapacidade temporal, descóntanselle horas da súa carteleira, chegando incluso a quedar a deber xornada ao SERGAS. Esta práctica é inxusta e non a imos aceptar.
CIG-Saúde non imos permitir que se siga “roubando” xornada polo desfrute de permisos ou polas IT. Imos á negociación a esixir que se respecten os dereitos laborais conquistados pola clase traballadora, sen ter que renunciar aos días libres que lles corresponden.
O persoal dos PAC merece que, dunha vez por todas, se regularice a súa situación e se lle recoñezan os días realmente traballados.
O SERGAS pretende paliar a falta de persoal nos PAC a través dunha nova oferta de voluntariedade, pero isto non será posible mentres non se regularice a xornada e se deixe de “roubar” tempo ao persoal que traballa nos PACs.
Novas Relacionadas
Últimas novas