
Cómputo de xornada
- Sanidade Pública
- Xornada
O Acordo da Mesa Sectorial do 20 de abril de 2023, recollía a redución e equiparación da xornada para todas as categorías, tanto en Atención Primaria como Hospitalaria.
A finais do ano 2024, o SERGAS publicou a Instrución sobre a aplicación da redución da xornada laboral acordada para o ano 2025.
Esta normativa é de aplicación para todo o persoal de Atención Primaria e Atención Hospitalaria, e establece que a xornada anual para quen realiza quendas fixas de mañá ou tarde, así como quendas rotatorias simples, debe ser de 1533 horas ao ano. Isto tradúcese en 219 quendas de 7 horas.
INCUMPRIMENTOS POR PARTE DAS XERENCIAS
As xerencias están negándose a facer os cómputos de xornada incumprindo a normativa vixente.
Isto supón que moito persoal traballe máis do que lle corresponde, sen recoñecemento nin compensación.
QUE DEFENDEMOS DESDE CIG-SAÚDE
Desde CIG-Saúde esiximos que se fagan os cómputos de xornada de xeito individualizado, para todo o persoal que non fai quendas de noite.
Hai que garantir que ninguén traballe máis das 1533 horas anuais.
Cada caso é distinto, e hai que contar:
- Cando se collen as vacacións e se coinciden con festivos ou fins de semana
- Cantos festivos se desfrutan realmente
- En que datas se gozan os días libres (LDs)
CONTACTA COA CIG-SAÚDE SE O TEU CÓMPUTO NON CADRA
Se tes dúbidas ou sospeitas que fixeches máis horas das que che tocan, contacta connosco.
Calculamos o teu cómputo de xornada e, se che deben días, axudámosche a facer a reclamación para que te dean as libranzas que che corresponden.
Non regales o teu tempo. É un dereito.
Novas Relacionadas
Últimas novas