CIG-Saúde asina un acordo de mellora nas condicións de traballo e retributiva para todas as categorías

Mesa sectorial do 20 de abril de 2023

  • Acordos Mesa Sectorial de Sanidade
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde forzamos na mesa sectorial do 20 de abril a negociación coa presenza do Conselleiro de sanidade, coa posibilidade dunha convocatoria de folga enriba da mesa.

Despois de 11 horas e de presionar ata o último momento, asinamos un acordo que ademais de melloras retributivas para todas as categorías, recolle melloras nas condicións de traballo.

Mellora retributiva en todas as categorías na atención continuada, nocturnidade, festividade e gardas.
▪️ Unha parte aplicarase a partir do 01/07/2023
▪️ A totalidade da mellora a partir do 01/01/2024

Descansos e organización das gardas. Actualización da normativa de gardas localizadas e descansos. En xuño de 2023.

24 e 31 de decembro: pago de un festivo en todas as categorías.

Turnicidade en atención primaria para quendas de tarde e deslizantes. Para o 01/01/2024.

Mellora retributiva da turnicidade nun 7,9%. Para o 01/01/2024.

Xornada laboral. Conseguimos a xornada equivalente a 35 horas da que se negaban a falar, en base a redución progresiva da xornada anual en 112 horas, a razón de:
▪️ 21 horas (3 días) no 2023
▪️ 49 horas (7 días) no 2024
▪️ 42 horas (6 días) no 2025

Continuaremos traballando para mellorar as condicións de traballo na atención primaria e na atención hospitalaria!

Volver