CIG-SAÚDE Coruña denuncia que o goberno do PP utilice ao persoal temporal para facer a súa campaña electoral

  • A Coruña

No día de hoxe a Xerencia da área sanitaria de A Coruña-Cee procederán a renovar todos os “acúmulos de tarefas” contratados ao inicio da declaración de pandemia por covid de xeito automático aos aspirantes que actualmente ostentan este tipo de contrato.

Dado que a presión asistencial nas “unidades covid” se viu diminuída, procederán a utilizar estes contratos para cubrir todas as ausencias (ITs, permisos.....)en toda a área sanitaria, deste xeito proceden á contratación en fraude de lei de ausencias que deben estar cubertas nominalmente, e baseándose en criterios electoralistas e non de xestión dos recursos humanos.

Isto tamén provocará unha mobilización das/os profesionais onde a pesares de ter un contrato dun mes poderán verse cada día nunha unidade diferente e a expensas dunha quenda de traballo.

Ademais esta “nova fórmula” de contratación salta o acordo acadado con esta Xerencia da renovación dos “acúmulos de tarefas” con criterio de primeiro de lista, o cal provoca que queden aspirantes en posición superior na lista sen contrato.

Unha vez mais o SERGAS manipúlanos e utilízanos aos profesionais temporais como moeda de cambio para o seu rédito electoral e sen ter en conta a necesidade asistencial real.

 

María Seco González, delegada sindical Cig-saúde Coruña

Lucía Peón Soutiño, secretaria comarcal Cig-saúde Coruña

Teléfonos de contacto: 981178137 e 673058529

 

Aquelas/es profesionais afectadas/os podedes poñervos en contacto con esta central sindical para formular as respectivas reclamacións individuais ao SERGAS.

Volver