CIG-Saúde denuncia a insuficiente protección das/os traballadoras/es pola utilización restritiva das máscaras FFP2

Escritos presentados na Consellería de Sanidade e o SERGAS

  • Sanidade Pública
  • Saúde laboral

Na situación actual, con un número elevado de asintomáticos, entendemos que por principio preventivo todo paciente debería ser considerado como posible COVID e polo tanto a protección respiratoria de calquera traballadora/or deberá ser como mínimo unha FFP2 sempre que a distancia co paciente sexa de menos de dous metros, independentemente que este sexa caso sospeitoso ou non.

O elevado número de persoal contaxiado, tamén en unidades “non COVID”, parece poñer de manifesto que as medidas preventivas para protexer a saúde dos profesionais non está a ser suficiente.  

Nestes últimos días, no HULA, xurdiron varios gromos de SARS-CoV2 en servizos “Non COVID”, como por exemplo: Trauma, Medicina Interna, Urxencias, Farmacia ou no retén de celadores.

A día de hoxe podemos dicir que os casos non sospeitosos, que acoden a áreas etiquetadas como “non COVID”, acaban sendo positivos en SARS-CoV2, polo tanto, de seguir facilitando ao persoal de atención directa ao doente unha máscara cirúrxica, e non unha FFP2, estaríase poñendo en risco a saúde do propio persoal e tamén dos doentes.

No documento elaborado polo Ministerio de Sanidade :

“PROCEDIMIENTO DE ACTUACIÓN PARA LOS SERVICIOS DE PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES FRENTE A LA EXPOSICIÓN AL SARS‐CoV‐2” do 14 de xullo de 2020, no ANEXO II, no apartado de:  EQUIPO DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPI) recolle:

  1. PROTECCIÓN RESPIRATORIA

“Con el fin de evitar contagios, los casos sospechosos o confirmados deben llevar mascarillas quirúrgicas. En el caso de que llevasen en lugar de una mascarilla quirúrgica una mascarilla autofiltrante, en ningún caso esta incluirá válvula de exhalación ya que en este caso el aire es exhalado directamente al ambiente sin ningún tipo de retención y se favorecería, en su caso, la difusión del virus. Las mascarillas quirúrgicas deben cumplir la norma UNE‐EN 14683:2019+AC:2019). La colocación de la mascarilla quirúrgica a una persona con sintomatología respiratoria supone la primera medida de protección para el trabajador.

La protección respiratoria generalmente recomendada para los profesionales de la salud que pueda estar en contacto a menos de 2 metros con casos posibles, probables o confirmados es una mascarilla auto filtrante tipo FFP2 o media máscara provista con filtro contra partículas P2. Este tipo de protección respiratoria será también la recomendada cuando la evaluación específica del riesgo así lo requiera. En caso de escasez de equipos de protección el personal sanitario también podrá usar mascarillas quirúrgicas en combinación con otras medidas preventivas (ver Anexo III). …….”

Así mesmo nas recomendacións publicadas na guía da SOCIEDADE GALEGA DE MEDICIÑA PREVENTIVA sobre “Uso das máscaras cirúrxicas e das máscaras FFP nas precaucións de illamento nos centros sanitarios” no  apartado:

VI.1 · Protección respiratoria nas “Situacións nas que non se realizan Procedementos Xeradores de Aerosois”

.../... “Os pacientes sometidos a Precaucións de Illamento Aéreo (Tuberculose bacilífera, Varicela, Herpes-Zoster diseminado, Xarampón…), deben estar hospitalizados en habitacións dotadas de climatización especial (con presión negativa, filtros HEPA na saída do ar…), e o persoal que entre nesas habitacións, ou os atenda en calquera circunstancia (coa excepción da realización de “Procedementos Xeradores de Aerosois”),debe usar máscaras de Protección Respiratoria de tipo FFP2 [22 y 23].

As máscaras FFP2 son tamén a protección respiratoria que deben usar os profesionais de saúde nas actividades de Risco Basal nas denominadas “Alertas Epidemiolóxicas Emerxentes”, como o SARS-CoV, Gripe Aviaria, MERS-CoV… Ébola [17]; estas “Alertas” caracterízanse por ser enfermidades emerxentes con risco elevado para a saúde de quen a adquira, e porque nelas se indican simultaneamente varios tipos de precaucións de illamento.

Durante os traslados destes pacientes fora da habitación de illamento, os pacientes deben levar posta unha máscara cirúrxica (para minimizar a emisión de aerosois contaminados) e o persoal de saúde implicado no traslado debe usar unha Máscara FFP2 como protección respiratoria”.

Dende CIG-saúde unha vez máis reclamamos que, aplicando os principios preventivos recollidos na LEI 31/1995 DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, se minimicen os riscos laborais e se lles faciliten a todos os profesionais  da saúde, con contacto directo co paciente, as máscaras de protección respiratoria FFP2 (en combinación co resto de medidas preventivas) tanto nos casos confirmados como nos sospeitosos ou posibles.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2020

Volver