CIG-Saúde denuncia a súa negativa a negociar o Plan de Ordenación da Atención Hospitalaria
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
O SERGAS BLOQUEA A NEGOCIACIÓN
Na Mesa Sectorial do 17 de outubro, o SERGAS négase a tratar o PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS DA ATENCIÓN HOSPITALARIA, malia que todas as organizacións sindicais o solicitamos.
Din que primeiro rematarán co Plan de Atención Primaria… Pero nin o presentan nin dan datas.
É unha manobra para gañar tempo e agravar os problemas.
SEN PLAN, SEN FUTURO
Negarse a negociar significa non analizar ratios profesionais/pacientes, non estudar categorías deficitarias, non planificar recursos nin avaliar a complexidade asistencial.
Isto demora solucións e afonda na precariedade.
Xa existen categorías deficitarias —e o SERGAS nin as estuda—, abrindo a porta a un colapso anunciado.
DESMANTELAMENTO DOS HOSPITAIS COMARCAIS
As traballadoras e traballadores xa estamos a sufrir o desmantelamento dos hospitais comarcais.
O SERGAS nin analiza a situación nin dá conta da perda de servizos, mentres se alegra de centralizar a atención nos grandes hospitais, afastando a atención sanitaria da poboación e rompendo a equidade territorial.
- Este modelo non é o da Sanidade Pública que necesitamos e merecemos.
- É un modelo que abandona ás Áreas Sanitarias e aos Distritos e impide a atención de calidade ás persoas.
SANIDADE PÚBLICA EN PERIGO
Non diagnosticar a tempo as necesidades do sistema é levarnos a un punto de non retorno, onde as decisións cheguen tarde e a sanidade pública morra.
Quere o SERGAS iso?
O avance da sanidade privada e a morte do público.
CIG-SAÚDE NON CAE NESA TRAMPA
Non imos calar. Non imos permitir que desmantelen os hospitais públicos.
Seguiremos esixindo negociación, planificación e respecto ás traballadoras e traballadores da sanidade.
A sanidade pública deféndese!
CIG-Saúde: en loita pola dignidade e polos dereitos de todas!
CIG-SAÚDE – A forza das persoas que loitan pola sanidade pública!