CIG-Saúde denuncia a saturación do servizo de urxencias do HULA

  • Lugo

Dende CIG saúde Lugo, queremos denunciar a situación actual no servizo de urxencias do HULA.

Levamos xa varias semanas nas que non sempre é doado atopar unha cama libre cando hai que ingresar algunha persoa, mesmo no servizo de Observación é excepcional que non estean todas as camas cubertas.

Isto implica que os/as doentes pendentes de pasar ao servizo de Observación ou pendentes de ingresar nunha planta queden moitas horas nunha camilla nos corredores do servizo de Urxencias.

O nivel de saturación é tal, que na madrugada do Luns tivo que abrirse unha das plantas que permanecían pechadas, agora mesmo hai 9 persoas ingresadas en dito servizo mentras manteñen o resto das camas bloqueadas (non se pode facer uso delas).

Na tarde de hoxe no servixo de urxencias hai 14 ingresos pendentes de ocupar unha cama, algúns dos cales están neste servizo xa dende a noite pasada.

É inadmisible que tendo camas baleiras no hospital non se permita o seu uso utilizando unicamente criterios economicistas para esta decisión, e isto sempre á conta do benestar das persoas que de abondo teñen coa súa patoloxía sen ter que sumarlle horas de permanencia en camilla, falta de intimidade, etc. e máis tamén á conta de traballadores/as cada día máis explotados/as e máis desganados/as por sufrir unha sobrecarga de traballo que xa é unha constante no tempo.

Volver