CIG-Saúde denuncia mais recortes, mais imposicións nos PACs
- Atención primaria
- Sanidade Pública
A desconvocatoria da folga por parte de SIMEGA (CESM) en novembro de 2025 trae consecuencias moi graves para o persoal sanitario e, especialmente, para quen traballa nos Puntos de Atención Continuada (PACs).
QUE ESTÁ A PASAR?
A Consellería de Sanidade, aproveitando este acordo, avanza na súa folla de ruta:
- Impón que os sábados pasen a ser considerados atención continuada, integrándoos de facto no funcionamento ordinario dos PAC.
- Pretende modificar o Decreto 172/1995, incluíndo no horario dos PAC os sábados ata 24 horas, igual que en domingos e festivos.
- Este cambio será tratado na Mesa Sectorial deste venres 27 de marzo, coa intención de impoñer un cambio inmediato das carteleiras sen negociación real co persoal afectado.
COMO O QUEREN FACER?
- Publicación do Decreto: o 31 de marzo
- Entrada en vigor: o 1 de abril (Semana Santa)
QUE SUPÓN ISTO PARA O PERSOAL DOS PAC?
- Máis xornada en fin de semana.
- Máis carga de traballo.
- Sen ningunha compensación económica nin laboral.
- Empeoramento directo das condicións de traballo a custo cero.
DENUNCIAMOS:
- A imposición unilateral da Consellería de Sanidade.
- A falta de negociación previa, obrigatoria en calquera modificación das condicións laborais.
- O uso de datas estratéxicas para evitar a resposta do persoal.
ESIXIMOS:
- A retirada inmediata do Decreto mentres non se produza un proceso real de negociación.
- O respecto ás condicións laborais do persoal dos PAC.
- Compensacións xustas ante calquera cambio de xornada.
NON IMOS PERMITIR MÁIS RECORTES ENCUBERTOS!
NON Á IMPOSICIÓN! SI Á NEGOCIACIÓN!
Novas Relacionadas
Últimas novas