CIG-Saúde esixe a dotación de máscaras FFP2 ao persoal con atención directa ao doente

  • Sanidade Pública
  • Saúde laboral

A/A
Conselleiro de sanidade.
Xerente do SERGAS.
Directora Xeral de RRHH
Xefa do Servizo Central de PRL

Dende a CIG-Saúde queremos denunciar unha vez máis a insuficiente protección das traballadoras/es fronte os riscos laborais derivados da COVID 19, nomeadamente na utilización restritiva das mascaras FFP2.

Unha vez máis comprobamos  como na nova versión (v.9) do Plan específico para a prevención de riscos ante a exposición laboral ao SARS-CoV-2 segue a indicarse a utilización de máscaras quirúrxicas de xeito xeneralizado e restrínxese  a utilización de FFP2 só nos casos de PXA a pacientes COVID19 , incluso indicando que “se valorará”  a súa utilización nestos procedementos con pacientes non diagnósticados como COVID.

A mascarilla quirúrxica non é un EPI, e non pode ser utilizada como tal. Tampouco parece razoable dar por feito que as que traen os/as doentes dende os seus domicilios cumplen coas normas de utilización recomendadas.

Tamén queremos insistir na insuficiente dotación de uniformidade tanto en hospitalaria como en primaria, denuncia que xa fixemos en algunha xuntanza da CCSS e que na actualidade séguese  a dar . Os uniformes son insuficientes e os tempos de lavado e entrega demasiado longos.

Os/as profesionais teñen dereito a traballar con seguridade e sentíndose protexidos/as, a incertidumbre  producida por estas situacións son altamente perxudiaciais non só para  a súa saúde laboral senón tamén para unha correcta e eficaz atención ós/ás doentes. Non se pode traballar con medo por non contar coas equipas de protección axeitadas.

Na situación actual, con un número elevado de asintomáticos, entendemos que por principio preventivo todo paciente debería ser considerado como posible COVID e polo tanto a protección respiratoria de calquera traballadora/or deberá ser como mínimo unha FFP2 sempre que a distancia co paciente sexa de menos de dous metros, independentemente que este sexa caso sospeitoso ou non.

O elevado número de persoal contaxiado, tamén en unidades “non COVID”, parece poñer de manifesto que as medidas preventivas para protexer a saúde dos profesionais non está a ser suficiente.  

A día de hoxe podemos dicir que os casos non sospeitosos, que acoden a áreas etiquetadas como “non COVID”, acaban sendo positivos en SARS-CoV2, polo tanto, de seguir facilitando ao persoal de atención directa ao doente unha máscara cirúrxica, e non unha FFP2, estaríase poñendo en risco a saúde do propio persoal e tamén dos doentes.

Queremos recalcar que existe documentación ó respecto, que o noso criterio contradice o recollido neste “Plan específico para a prevención de riscos ante a exposición laboral ao SARS-CoV-2 (v.9)”

No documento elaborado polo Ministerio de Sanidade :

“PROCEDIMIENTO DE ACTUACIÓN PARA LOS SERVICIOS DE PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES FRENTE A LA EXPOSICIÓN AL SARSCoV2” do 14 de xullo de 2020, no ANEXO II, no apartado de:  EQUIPO DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPI) recolle:

  1. PROTECCIÓN RESPIRATORIA

“Con el fin de evitar contagios, los casos sospechosos o confirmados deben llevar mascarillas quirúrgicas. En el caso de que llevasen en lugar de una mascarilla quirúrgica una mascarilla autofiltrante, en ningún caso esta incluirá válvula de exhalación ya que en este caso el aire es exhalado directamente al ambiente sin ningún tipo de retención y se favorecería, en su caso, la difusión del virus. Las mascarillas quirúrgicas deben cumplir la norma UNEEN 14683:2019+AC:2019). La colocación de la mascarilla quirúrgica a una persona con sintomatología respiratoria supone la primera medida de protección para el trabajador.

La protección respiratoria generalmente recomendada para los profesionales de la salud que pueda estar en contacto a menos de 2 metros con casos posibles, probables o confirmados es una mascarilla auto filtrante tipo FFP2 o media máscara provista con filtro contra partículas P2. Este tipo de protección respiratoria será también la recomendada cuando la evaluación específica del riesgo así lo requiera. En caso de escasez de equipos de protección el personal sanitario también podrá usar mascarillas quirúrgicas en combinación con otras medidas preventivas (ver Anexo III). …….”

Así mesmo nas recomendacións publicadas na guía da SOCIEDADE GALEGA DE MEDICIÑA PREVENTIVA sobre “Uso das máscaras cirúrxicas e das máscaras FFP nas precaucións de illamento nos centros sanitarios” no  apartado:

VI.1 · Protección respiratoria nas “Situacións nas que non se realizan Procedementos Xeradores de Aerosois”

.../... “Os pacientes sometidos a Precaucións de Illamento Aéreo (Tuberculose bacilífera, Varicela, Herpes-Zoster diseminado, Xarampón…), deben estar hospitalizados en habitacións dotadas de climatización especial (con presión negativa, filtros HEPA na saída do ar…), e o persoal que entre nesas habitacións, ou os atenda en calquera circunstancia (coa excepción da realización de “Procedementos Xeradores de Aerosois”),debe usar máscaras de Protección Respiratoria de tipo FFP2 [22 y 23].

As máscaras FFP2 son tamén a protección respiratoria que deben usar os profesionais de saúde nas actividades de Risco Basal nas denominadas “Alertas Epidemiolóxicas Emerxentes”, como o SARS-CoV, Gripe Aviaria, MERS-CoV… Ébola [17]; estas “Alertas” caracterízanse por ser enfermidades emerxentes con risco elevado para a saúde de quen a adquira, e porque nelas se indican simultaneamente varios tipos de precaucións de illamento.

Durante os traslados destes pacientes fora da habitación de illamento, os pacientes deben levar posta unha máscara cirúrxica (para minimizar a emisión de aerosois contaminados) e o persoal de saúde implicado no traslado debe usar unha Máscara FFP2 como protección respiratoria”.

Dende CIG-saúde unha vez máis reclamamos que, aplicando os principios preventivos recollidos na LEI 31/1995 DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, se minimicen os riscos laborais e se lles faciliten a todos os profesionais  da saúde, con contacto directo co paciente, as máscaras de protección respiratoria FFP2 (en combinación co resto de medidas preventivas) tanto nos casos COVID19 confirmados, como nos sospeitosos ou posibles.

 

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020

 

Asdo.: Xoana Zamudio

Volver