CIG-Saúde esixe un novo encadramento segundo os anos traballados

  • Carreira profesional
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde presentamos unha proposta ao SERGAS para que cada traballadora teña recoñecido o grao de carreira profesional que lle corresponda polos anos traballados.

Que grao correspondería segundo a experiencia?

Colectivo profesional

Grao I

Grao II

Grao III

Grao IV

Persoal licenciado sanitario

5 anos

10 anos

15 anos

22 anos

Persoal diplomado/graduado sanitario

5 anos

11 anos

17 anos

24 anos

Persoal sanitario de FP e de xestión e servizos

5 anos

11 anos

17 anos

24 anos

Que propoñemos?

  • Un procedemento extraordinario e voluntario durante 2027, para persoal fixo e temporal que cumpra os requisitos.
  • Recoñecer o grao correspondente aos anos traballados, mediante unha adaptación do baremo de avaliación.
  • Non esixir os períodos ordinarios de permanencia no grao anterior.
  • Manter as convocatorias ordinarias de carreira profesional, sen prexudicar a progresión habitual.
  • Cobrar o importe íntegro do grao recoñecido desde o 1 de xaneiro de 2028, aínda que a resolución se atrase.

CIG-SAÚDE ESIXE

Que o SERGAS negocie esta proposta para recoñecer a experiencia profesional acumulada e rematar coas desigualdades entre traballadoras.

CUMPRIR OS ANOS DE EXPERIENCIA E O BAREMO TEN QUE GARANTIR O AVANCE DE GRAO.

Volver