CIG-SAÚDE esixe unhas novas instrucións acordes á nova normalidade da Xunta de Galicia

Hai que restituir a normalidade nas relacións laborais

  • Coronavirus
  • Sanidade Pública

A partires de hoxe entramos nunha nova situación sanitaria, ficou o estado de alarma, no que temporalmente quedaron modificados ou suspendidos os dereitos laborais do persoal do SERGAS. Agora nesta nova normalidade hai que restituír ditos dereitos, as obrigas do persoal foron amplamente prestadas.

CIG-Saúde vén de dirixir un escrito ao SERGAS posto que nas xerencias non recibiron ningunha instrución ou comunicación para restituír a normalidade nas relacións laborais do persoal.

Desde CIG-SAÚDE exiximos que desde a Dirección Xeral de RRHH e desde a Xerencia do SERGAS, se emitan as correspondentes instrucións en materia de persoal, contextualizadas no Decreto da nova normalidade da Xunta de Galiza, e tamén porque o estado de alarma remata o vindeiro 21 de xuño.

María Xosé Abuín Álvarez

Secretaria nacional de CIG-Saúde

Volver