CIG-SAÚDE exixe que o SERGAS negocie o Plano de Reactivación Asistencial en Atención Primaria en relación coa Infección polo virus SARS-CoV-2

Para a CIG-SAÚDE non se vence ao SARS-CoV-2 con declaracións de intencións.

  • Atención primaria
  • Coronavirus
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Desde a Dirección de Recursos Humanos e desde o Consello Técnico de Primaria recibimos un documento que, segundo a Administración, pretendía ser o plano de actuación cara as/os profesionais de Atención Primaria para atender á COVID 19, para que enviaramos alegacións.

Pero o SERGAS xa presentou unha nova versión do documento, sen ter en conta ás nosas alegacións, que parece que ten por obxectivo volver ao funcionamento da Atención Primaria previo á crise.

CIG-Saúde non quere volver á situación previa, quere aportar para construír unha nova organización da Atención Primaria que teña en conta o aprendido coa crise sanitaria.

Esperemos que o SERGAS non confunda a información coa negociación e a participación das/os profesionais de Atención Primaria.

Para a CIG-SAÚDE non se vence ao SARS-CoV-2 con declaracións de intencións.

Para a CIG-Saúde, estes son os OBXECTIVOS da estratexia de reactivación da actividade asistencial en Atención Primaria:

Reducir o risco de contaxios por SARS-CoV-2 o máximo posíbel tanto á poboación como as/os profesionais.
• Dirixir a actividade fronte ao COVID-19 á detención de casos e investigación de contactos que faciliten o illamento individual.
Reiniciar a actividade clínica coas/os doentes con problemas de outras patoloxías.
• Iniciar plans de cobertura de poboación vulnerable.

Conxuntamente con estas medidas asistenciais, URXE NEGOCIAR:

• Un Plano de Ordenación de Recursos Humanos para identificar as necesidades de persoal, de todas as categorías, para dotar con prazas estables a Atención Primaria.
• A dotación dun Orzamento propio para a Atención Primaria.
• A creación da Xerencia de Atención Primaria, para poder desenvolver os programas de saúde sen seguir supeditada aos obxectivos do hospital.
• A prevención de Riscos Laborais. A seguridade e protección das/os profesionais é unha obriga do SERGAS, esta non pode estar supeditada á dispoñibilidade de material.

Reiteramos, o SERGAS ten obriga de NEGOCIAR estes temas coa representación sindical no ámbito da Mesa Sectorial, e coas/os profesionais no Consello Técnico de Atención Primaria.

Volver