CIG Saúde Lugo denuncia a centralización da Atención primaria de Lugo no Centro de Saúde de Fingoi

  • Lugo

Dende CIG-SAÚDE LUGO, queremos poñer en coñecemento que a dirección da área sanitaria de Lugo, nunha decisión unilateral, sen ter en conta a opinión dos/as traballadores/as nin axentes sociais nin á cidadanía, decide que:

A partir deste sábado día 19 de setembro, para a atención sanitaria da atención primaria en sábados, se pechen tódolos centros de saúde da cidade, excepto o de Fingoi no que se van a concentrar tódolos/as traballadores/as e os/as doentes.

Os/as traballadores/as sanitarios/as reciben instrucións de agrupar tódalas axendas sanitarias do concello de Lugo, e distribuír o traballo segundo lles vaia, é dicir “organización por parte da dirección 0”.

Isto implica xuntar a 15 profesionais nun só centro os sábados pola mañá, máis tódolos/as doentes que acudan ou que teñan citas programadas, e que se atenderán polos profesionais que teñen asignados ou non, xa que as ordes son: “ a asistencia de mañá dependerá dos domicilios que queden programados da atención ordinaria da semana, curas e máis das demandas que xurdan durante o día”.

Todo isto na situación epidemiolóxica que estamos a vivir na nosa cidade, non sería o máis adecuado aglutinar toda atención dos sábados de mañá nun só centro, e moito menos, sen ningún tipo de organización nin información a cidadania, que probablemente acudirá aos seus centros e se encontrarán con eles pechados, o que fará que se acuda aos servizos de urxencia do HULA, xenerando máis saturación.

Unha vez máis a dirección da EOXI de Lugo ningunea ao/ass profesionais sanitarios da atención primaria, tomando decisións que só atenden a criterios económicos.

Volver